lunes, 7 de febrero de 2011

PROBLEMAS XENÉTICA SELECTIVO

PROBLEMAS XENÉTICA SELECTIVO

A distrofia muscular de Duchenne é unha enfermidade ligada ao sexo que normalmente só afecta aos varóns. As persoas que padecen a enfermidade vanse debilitando progresivamente aparecendo estes síntomas a idades temperás. a) ¿Cal é a probabilidade de que unha muller que ten un irmán coa enfermidade teña un fillo varón afectado? b) ¿Cal é a probabilidade de que reciba o alelo responsable da enfermidade un varón que ten un tío por liña materna que sufriu a enfermidade? c) ¿E cal é a probabilidade se quen a sufriu foi o seu tío por liña paterna?

3 Nun cruzamento entre unha cobaia negra e unha branca, todos os individuos da xeración F1 son negros. A xeración F2 está

formada aproximadamente por 75% de cobaias negras e 25% de cobaias brancas. Fai un esquema do cruzamento indicando

os xenotipos e fenotipos e as súas proporcións. Se se cruzan dúas cobaias brancas da F2, como serán fenotipicamente os

seus descendentes? E se cruzas dúas cobaias negras da F2?

I.5 No gando de corno curto a cor da pelaxe pode ser vermella, branca ou ruá. Ruán é un fenotipo intermedio

cunha mestura de pelos vermellos e brancos. A partir de varias cruces obtivéronse os seguintes datos: vermello

x vermello ----todos vermellos; branco x branco---todos brancos; vermello x branco----todos ruáns; ruán x

ruán----1⁄4 vermellos; 1⁄2 ruáns: 1⁄4 brancos.

¿Cómo se herda a cor da pelaxe? ¿Cales son os xenotipos dos pais e dos seus descendentes en cada cruce?

I.5 Crúzase unha planta de chícharo dunha liña pura de sementes amarelas con outra, tamén dunha liña

pura pero de sementes verdes, e todos os descendentes (1ª xeración filial, F1) presentan sementes amarelas.

A) ¿Por que na F1 non aparece o fenotipo intermedio do dos pais?. B) Indica os xenotipos parentais e da

F1. C) No caso de que se cruzaran entre si individuos da F1, ¿como serían xenotípica e fenotipicamente os

descendentes (2ª xeración filial, F2)?

I.5. Crúzase unha planta de chícharo dunha liña pura de sementes amarelas e lisas con outra liña pura de sementes verdes e rugosas. Se a cor amarela é dominante sobre a verde e a textura lisa é dominante sobre a rugosa, indica: a) como son os xenotipos paternos; b) como será fenotípica e xenotipicamente a 1ª xeración filial (F1)?; c) as clases de gametos que se poden formar se se cruzan dous individuos da F1.

I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o actual curso académico 2004/2005). A cor das frores da planta dondiego de noite é un caso de herdanza intermedia. Si cruzamos dúas razas puras. Unha de frores brancas con outra de frores vermellas obteremos unha primera xeración F1. a) Indica o xenotipo e fenotipo da F1. b) O xenotipo e fenotipo de F2 e en que proporcións aparecen as frores vermellas e brancas na F2. c) ¿Qué resultados terás ao cruzar a F1 con cada unha das súas parentais?.

I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o actual curso académico 2004/05). A hemofilia débese a un alelo recesivo localizado no cromosoma X. Unha parella formada por un home non hemofílico e unha Muller normal cuio pai foi hemofílico, ten varios fillos e varias fillas. A) Representa os xenotipos dos abós maternos, dos pais, dos fillos varóns e das fillas. B) ¿É posible que algunha das fillas da parella sufra a hemofilia? ¿E que a sufra algún fillo varón? ¿Pode algunha das fillas ser portadora da enfermidade? ¿E algún dos fillos?. Xustifica tódalas respostas

I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o actual curso académico 2003/04). Para un determinado carácter hereditario, escribe o xenotipo de: a) un individuo da liña pura dominante; b) un individuo homocigótico recesivo; c) un individuo heterocigótico; d) os descendentes do cruzamento entre a) e b); e) os descendentes do cruzamento entre b) e c)

No hay comentarios:

Publicar un comentario